O Concello de Covelo convoca os “VII Galardóns Síntete Covelo”, uns premios que teñen a finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que levan a cabo proxectos destacados e relevantes para o municipio e para Galicia.

O xurado valorará a súa contribución á creación, o arte, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e paisaxe.

Está aberta a solicitude de presentación das candidaturas para o que deberase presentar un informe de méritos e incorporar o seu curriculum ou memoria do seu percorrido e traxectoria.

As dúas candidaturas que obteñan a maior puntuación por parte do xurado serán as galardoadas e faráselle entrega dunha placa conmemorativa e un agasallo representativo do Concello de Covelo nun acto público.

O vindeiro venres, 3 de decembro, rematará o prazo de presentación de candidatos aos galardóns, tódalas candidaturas presentadas fora desa data non serán avaliadas polo xurado.

Será o domingo 19 de decembro, ás 18.00 horas, cando ser fará a entrega de galardóns no AuditorioMunicipal de Covelo.