Continúa a programación Novembro Lila en Baiona para conmemorar o 25 N. Esta fin de semana celébrase O Festivaliño, unha proposta de cine itinerante en familia. Hoxe realízase no multiusos do Mercado de Sabarís e mañá na Alameda Carabela Pinta. Haberá dúas sesións de mañá, de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 horas, e dúas de tarde, de 16.30 a 17.30 e de 17.30 a 18.30; non é necesaria inscrición. “Festivaliño” é un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil dirixido a público e 3 a 12 anos. Curtas, maxia e moito máis para educar en valores sociais como son o respecto, a igualdade, a amizade e a inclusión.

O mércores 24 entregaranse os premios do concurso de debuxo e slogan, o propio xoves 25 celebrarse o acto de conmemoración no CEIP Fontes, o venres 26 proxección da web serie Monstras, o sábado 27 intervención teatral “Crébame” en distintas rúas e o domingo 28 títeres “A carteira de Augasclaras.