O Concello de Redondela instalou un panel no paseo marítimo de Arealonga que recolle parte da memoria fotográfica desta zona de Chapela. A foto central, da autoría de Pacheco, retrata a paisaxe mariñeira e, ao seu arredor, se incluíron outras fotografías coas que se busca recuperar a memoria e a tradición marítima de Chapela.

As fotografías que forman parte deste panel están recollidas no libro de Gonzalo Mencía Chapela, de onte a hoxe, que o Concello de Redondela vén de reeditar tras esgotarse a primeira edición feita hai varios anos.

O libro foi presentado a pasada semana na biblioteca Xela Arias de Chapela.