O Concelllo de Arbo posúe desde finais dos anos 90 dous miradoiros sobre o río Miño; aliados turísticos xunto ás pesqueiras, as praias fluviais ou os sendeiros-

Estes miradoiros sitúanse a carón da ponte internacional que comunica Arbo con Melgaço, en Portugal.

Os dous miradoiros están separados uns 200 metros e comunícanse por un camiño de terra baixo as árbores da ribeira onde se atopan varias mesas e bancos de pedra.

Os miradoiros contan con grandes pérgolas de madeira, de 20 e de 15 metros de lonxitude, que aportan unha sombra moi ben recibida nos meses de verán.

A pérgola situada máis lonxe da ponte internacional precisa a substitución de varias pezas e algúns traballos de mantemento, pero a máis próxima á ponte e a praia fluvial atópase en moi mal estado de conservación e presenta un risco evidente para os visitantes.

O Concello de Arbo mellorará ambos miradoiros grazas a unha aportación de case 30.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia.