eurocidade
Vilas de 11 países europeos reúnense en Cerveira-Tomiño
Crear redes de cooperación e boas prácticas en materia transfronteiriza é o obxectivo do encontro que se clausura hoxe

Inauguración e primeira sesión de traballo, na biblioteca de Cerveira. | // D. P. / l. costas
l. costas
Un encontro internacional no marco do Proxecto BRIDGE, é o que se está a celebrar na Eurocidade Cerveira-Tomiño no que participan municipios de once países europeos co obxectivo principal de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.
O Proxecto BRIDGE, coordinado pola Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para cidadáns da Unión Europea, integra 11 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países, co fin de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Así, no proxecto participan, ademais de Tomiño e Cerveira, entidades de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania, Letonia e Serbia.
Trala cena inaugural do pasado mércores, as xornadas arrancaron o xoves no auditorio da Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira coa sinatura oficial do acordo de colaboración entre todos os socios europeos e coa presentación do proxecto e a de cada un dos socios. No mesmo día tamén se debateu sobre as dificultades de vivir preto da fronteira durante a pandemia sanitaria e se visitou o casco histórico de Cerveira.
Do lado tomiñés, Goián acolleu onte unha das sesións de traballo con conferencias sobre boas prácticas de cooperación transfronteiriza, como as existentes entre universidades galegas e portuguesas ou as desenvolvidas pola AECT Río Minho. Houbo ademais unha intervención na que se abordou o programa europeo de financiamento para investimentos nas rexións transfronteirizas.
A xornada de hoxe comeza a primeira hora da mañá cun debate sobre o Euroescepticismo e a realidade dos territorios con fronteiras e continuará cunha visita libre ao mercado de Cerveira. Xa pola tarde, o programa é máis lúdico coa visita en Viana do Castelo ao casco histórico e á basílica de Santa Luzia.
Proxecto BRIDGE
O BRIDGE prevé diferentes encontros nos que se abordarán temas relacionados coa financiación de programas e oportunidades para promover a cooperación transfronteiriza e europea; os problemas causados pola suspensión do Tratado de Schengen durante a pandemia; iniciativas de cooperación transfronteiriza nas áreas social, cultural, ambiental e de cidadanía ou as dificultades legais que existen na actualidade.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Alumnos sin disciplina que no se esfuerzan ni respetan al docente tensionan las aulas
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Dimite en bloque la ejecutiva del PSOE de Salceda y sus dos concejales por desavenencias con la agrupación provincial
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?