cultura

Tui celebra a I Feira da Cabaza

Tui celebra a I Feira da Cabaza

Tui celebra a I Feira da Cabaza

Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns están a acoller ao longo deste mes, de xeito simultáneo e paralelo, exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha das parroquias tudenses. Unha mostra de produtos que vai medrando semana a semana e na que se poden ver múltiples variedades de cabazas que culminará a vindeira fin de semana en Tui cunha gran exposición e venda deste tipo de produto de tempada e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto.

Tamén cada fin de semana continúan as visitas guiadas, que leva a cabo o club AndaTui, a pozas e regadíos nas parroquias explicando a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.