Coincidindo coa celebración do Día Nacional do TDAH a Concellería de Xuventude de Gondomar programa unha charla, impartida pola psicóloga Paula Fernández, para desmitificar informacións que existen sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) que afecta entre o 5 e o 7 % dos nenos en idade escolar. A información como ferramenta e medios para combater prexuízos baseados no descoñecemento.

Será o vindeiro venres 29, no Centro Neural ás 19.00 horas.