medio ambiente

Os salcedense móllanse polos ríos

21 persoas retiran 120 quilos de refugallo na XIV Limpeza Simultánea de Galicia

Voluntarios recollendo lixo no río Landres, en Salceda.   | // D. P.

Voluntarios recollendo lixo no río Landres, en Salceda. | // D. P. / l. c.

l. c.

A Asociación Trezecatorze coordinou no Concello de Salceda de Caselas a XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos Ríos”.

A actuación este ano foi levada a cabo no río Landres e nela participaron un total de 21 persoas voluntarias que se dividiron en dous grupos para abarcar máis recorrido e cumprir con todas as medidas sanitarias da COVID-19.

Estas xornadas de voluntariado ambiental e conciencia social lévanse facendo en Salceda dende anos anteriores, o que se fai notar ano a ano nunha mellor imaxe e coidado dos ríos.

Nesta ocasión retiráronse uns 120 quilos de refugallo.