A unha semana da noite máis terrorífica do ano, o Concello de Salceda de Caselas presenta a programación prevista con motivo do Samaín. Así os salcedenses teñen organizado para o vindeiro sábado, día 30 de outubro, un obradoiro de cabazas no que as persoas participantes decorarán ao seu gusto cada un dos calacús. Será a partir das 11.00 horas no Centro Social da Devesa e para elo cóntase coa colaboración da Asociación Salceda pola Infancia e a Xuventude (SAPIX).

Xa para a xornada do domingo, día 31, está previsto “un paseo onde vos agardarán diferentes personaxes destas datas con terroríficas sorpresas”. A pasaxe do terror dará comezo ás 19.00 horas na senda Landres-Lagoela e está dirixida a nenos de entre 4 e 12 anos.

Para participar en ámbalas dúas actividades é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura.