deporte
O Tomiño Feminino volve á competición cunha vitoria no Alivio
Logo de 18 meses de parón, as mozas retomaron a actividade na 1ª División Galega
![Tomiño FC Femenino. | // FDV](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/71fd0518-e494-40e2-997e-a8eac4baa144_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Tomiño FC Femenino. | // FDV / l. c.
l. c.
O campo do Alivio acolleu o pasado domingo o encontro de fútbol feminino entre o Tomiño FC Senior e o Sárdoma CF “B”. Foi un encontro especial logo de estar sen competir dende marzo de 2020 cando chegou a pandemia da COVID-19 que se saldou cunha vitoria local por 3 a 1. O seu presidente, Agustín González, estaba moi “emocionado” pola volta da liga na que, esta tempada, o Tomiño FC Femenino compite na 1ª División Galega, e aseguraba que comezaban “con moita ilusión”.
Á vez que anunciaban fichaxes e renovacións, no equipo están en plena campaña de socios. Baixo o lema “Faite fan do Tomiño FC Femenino” animan á veciñanza a unirse para apoiar ao equipo na súa volta á competición. A tarifa de adultos é de 10 euros mentres que a de xuvenís é de 5 euros, a cambio, as persoas socias poderán acceder a descontos en catro establecementos do municipio e poderán viaxar gratis no autobús do equipo senior nos partidos fóra da casa.
Mellora das instalacións
Esta volta á competición futbolística veu acompañada dunha mellora das instalacións deportivas. O Concello de Tomiño investiu durante os últimos meses medio millón de euros para mellorar os campos do municipio. No do Alivio substituíuse a herba natural pola artificial e tamén se crearon novas redes de drenaxe, rego, iluminación e adquiriuse novo equipamento deportivo. No campo do Regatiño de Goián instalouse un novo céspede artificial de nova xeración, repuxéronse bancos ausentes e substituíronse os deteriorados.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda