cerdedo-cotobade
Nova posta en valor do patrimonio arqueolóxico
Conclúe a limpeza e conservación nas laxes das Rodas e dos Cebros e nos petróglifos de Cernadelo

Laxe dos Cebros (Fentáns). | // FDV / l. c.
l. c.
O Concello de Cerdedo-Cotobade traballa na conservacións do seu patrimonio arqueolóxico coa posta en marcha da limpeza de diferentes contornas. Así interviuse na Laxe das Rodas (Santa María de Sacos), na Laxe dos Cebros (Fentáns) e nos petróglifos de Cernadelo (San Xurxo de Sacos).
Dende o consistorio sosteñen que “as estacións de arte rupestre representan un importante patrimonio histórico e un atractivo turístico fundamental para fomentar a chegada de visitantes e incrementar as posibilidades de crear emprego, fixar poboación e xerar riqueza en torno á nosa singulariedade como pobo” e que “o noso compromiso co patrimonio arqueolóxico forma parte do. noso modo de entender o respecto polos nosos antecesores, o deber de aprender da súa experiencia e buscar o xeito de legar un futuro mellor para os nosos fillos e netos”.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Salvaterra de Miño, capital do espumoso de Galicia
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- A derradeira lección do mestre