maf
A mosense Noelía Sías, segunda mellor florista de España
Por segundo ano logra a prata nun concurso nacional
l. c.
A florista mosense Noelia Sías Villaverde vén de obter a prata no MAF, concurso nacional do Mellor Artesán Florista, que se celebrou en Burgos. Sinala que foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. O xurado do MAF avalía en cada unha das probas do concurso aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo.
Sías repite podio, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19).
E para felicitala por este novo éxito, o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou no salón de sesións da casa consistorial coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo; o tenente alcalde, Camilo Augusto; a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da corporación municipal.
Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22 anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 15 anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Davila 17/06/2025