A Asociación Cultural Os Penediños de Atios organizan o seu particular festival de outono no torreiro da Guía. Hoxe, ás 19.00 horas, obradoiro de baile impartido por Gabi Reboredo e amenizado por Martiño Malleiro e, a partir das 21.00 horas, actuación de As Cantigas de Elena, Paraíso Canto e Pédëpôtè. Mañá domingo, a partir das 11.30 horas, tocarán os grupos A Barca de Loimil e Os Penediños.