axenda
Escape room, clown, meigas e castañas en Arcade
Soutomaior festexa o Samaín o domingo 31
l. c.
Mantendo os criterios de seguridade igual que ata agora, o Concello de Soutomaior retoma a celebración do Samaín. Será o vindeiro domingo, nunha xornada chea de actividades que dará comezo pola mañá con dúas salas “escape room” na que “Imos pasalo de medo!”. O xogo “Escola encantada” está dirixido a nenos de 3 a 6 anos, acompañados dunha persoa adulta e “Circo de medo” para a partir de 7 anos. Ámbolos dous contarán con 4 pases, entre as 11.00 e as 12.50 horas, no mulitusos de Arcade, e será preciso inscribirse en liña, a través da web www.gabinetesoutomaior.com, con prazo ata o xoves 28 de outubro.
Xa pola tarde terá lugar “A gran celebración”, na alameda Talo Río. Ás 17.30 horas haberá clown e improvisación da man de “Charli o inventor de palabras”, ás 18.30 horas tren asador de castañas, con degustación de balde, e ás 19.00 horas espectáculo de danza, lume, acrobacia, música e meigas “Suaren Bataila”.
Libro ou trato
A programación concluirá o mércores, 3 de novembro, co Samaín dos libros “Libro ou trato”. Un obradoiro terrorífico para nenos a partir de 5 anos, no que a través de xogos e contos conmemorarase esta festa celta de fin de verán e inicio de época escura do ano.
Será de 17.30 a 18.30 horas, na biblioteca municipal Luís Seoane, con inscricións en liña ata o día antes.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes