gondomar
Danza contemporánea para reflexionar sobre a violencia invisible
A artista Ruth Balbís analiza as letras de cancións de reguetón

A acción escénica “Pel continua”, creada ex profeso para Violencia Zero. | // D.P. / l. c.
l. c.
A danza contemporánea e as letras de cancións de reguetón que hoxe escoita a mocidade foron as grandes protagonistas da performance de Ruth Balbís en Gondomar. No marco dunha nova acción do programa da Deputación Mulleres en Acción. Violencia Zero, a artista ourensá levou á Praza da Paradela “Pel continua” para invitar á mocidade a reflexionar sobre o contido de violencia machista que se agocha tras as letras destas cancións e o conseguinte perigo desta violencia invisible. A actuación foi seguida en directo por 60 estudantes da ESO do IES Auga da Laxe.
A acción escénica de Balbís consistiu nunha peza de danza contemporánea na que a artista suprimiu a melodía de temas como “Una vaina loca”, de Fuego, ou “Mirándote”, de RVFV, para extraer e analizar as súas letras ao tempo que xogaba a montar e desmontar un maniquí cos que representaba a sexualización do corpo da muller nos seus videoclips e a violencia machista presente nas súas letras.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Tofu cobrará vida este ano: así é o videoxogo que nace en Arbo
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda