cultura

Ciclo de cinema galego no Porriño

O filme “Longa Noite” proxéctase o vindeiro venres

l. c.

Rebobina Asociación Cultural en colaboración co Concello do Porriño organiza o ciclo de proxeccións de películas “Cinema Galego”. Haberá sesións un venres ao mes, ata fin de ano, no centro cultural municipal. O primeiro filme que se poderá ver será “Longa Noite”, de Eloy Enciso, o vindeiro venres, día 29 de outubro, a partir das 19.00 horas. A capacidade é limitada polo que é preciso inscribirse enviando un email a rebobinacineclube@gmail.com

As seguintes proxeccións serán “Dhogs”, de Andrés Goteira, o 26 de novembro e “Mimosas”, de Oliver Laxe, o 17 de decembro.