O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación Segundo Gil Dávila, convoca axudas de estudos de 500 euros para universitarios da localidade.

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas que realicen estudos universitarios neste curso 2021/2022. Como requisitos deben levar, polo menos, un ano empadroados en Arbo e non estar en posesión de ningún título universitario.

Os estudantes que estean a cursar un máster só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional. O prazo para solicitala bolsa de estudos remata o 15 de novembro.