Dentro do programa Falaredes, Os Bolechas visitarán 21 concellos acollidos á Rede de Dinamización Lingüística. Hoxe, ás 18.00 horas, é o turno de Arbo,

Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro: Loli, Faísca, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas, así que non lles queda máis que repetir algunha ou idear unha nova.

A entrada é gratuíta pero o Concello de Arbo pide chegar con 30 minutos de antelación para aplicar as medidas anticovid. Non é preciso inscrición previa, pero si máscara e non cambiar de butaca.