cultura

Cursos intensivos de música tradicional galega en Salceda

Será o 2 e 3 de outubro e impartirase gaita, percusión, baile e canto e pandeireta

l. c.

Dezaseis horas, repartidas en dúas xornadas, será a duración das clases intensivas que se impartan en Salceda de Caselas da sexta edición do Curso de música e baile tradicionais galegos, organizada novamente pola Asociación de Gaiteiras Galegas (agg) en colaboración co Concello.

Haberá catro especialidades: baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión tradicional, que serán impartidas polos mestres Artur Puga, Leni Pérez, Marina F. Vigo e Khinos Saburido.

Celebrarse a fin de semana vindeira, o sábado 2 e domingo 3 de outubro, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Está dirixido a alumnado cunha base previa nas diferentes modalidades ofertadas, presentándose como unha ocasión única para perfeccionar coñecementos e técnicas.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro mércores, 29 de setembro, ou ata completar as prazas. O prezo por curso é de 40 euros para os socios da agg e 50 euros para os non socios. Para máis información poden chamar aos números de teléfono 986 847 074 - 982 229 966.