salvaterra

Cursos que fomentan a socialización dos maiores

Impartiranse desde outubro no Centro Social do Maior, na parroquia de Leirado

A alcaldesa de Salvaterra no Centro Social do Maior, en Leirado.   | // DP

A alcaldesa de Salvaterra no Centro Social do Maior, en Leirado. | // DP / v.p.

v.p.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza un ano máis cursos de diversa tipoloxía dirixidos ás persoas maiores do municipio que serán impartidos no Centro Social do Maior, en Leirado, o vindeiro mes.

As actividades realizaranse no antigo consultorio médico de Leirado rehabilitado polo Concello e dotado do equipamento necesario tamén para esta finalidade.

As actividades seguirán os protocolos antiCOVID e o prazo de inscrición estará aberto até o 30 de setembro.

Impartirase un curso de novas tecnoloxías, onde se ensinará a utilizar diversas aplicacións a través do móbil, faranse obradoiros de memoria, con orientación á realidade e exercicios específicos, manualidades, xogos de mesa ou paseos en compaña. Son actividades que incentivan a socialización.