O Concello de Soutomaior acolle hoxe o Festival de Bandas organizado pola Banda Artística Arcade, a partir das 22.00 horas, en Talo Río, na parroquia de Arcade. Precisamente, a Banda Artística Arcade celebrou este verán o seu 153 aniversario. Fíxoo na alameda de Talo Río, e como non, con pasodobres de hoxe e de sempre.

A programación cultural do verán en Soutomaior continuará mañá cunha proposta de cine para a cativada. Poderán ver gratuitamente, desde as 21.00 horas, a película Capitana Marvel. Será de novo en Talo Río. Ambientada nos anos 90, nova aventura nun periodo da historia nunca antes visto no Universo Cinematográfico de Marvel. A viaxe de Carol Danvers (Brie Larson) para converterse nunha das heroínas máis poderosas do universo

A vindeira fin de semana, a programación continuará o sábado, 28 de agosto, coa representación teatral de “El mentiroso” da compañía MDM. Neste caso será no auditorio do multiusos, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha adaptación libre da obra homónima de Carlo Goldoni.

Ten lugar en Venecia. As mentiras conducen aos protagonistas a problemas cada vez máis profundos coas mozas que queren conquistar e coa súa propia nai.