O Concello da Cañiza proxecta hoxe, ás 20.30 horas, O que arde, unha película galega, rodada en Galicia, cun director galego (Oliver Laxe) e coa entrañable Benedicta, gañadora do Goya á mellor actriz revelación. Será no auditorio da Casa de Cultura.

De entrada gratuíta e recomendada para maiores de 7 anos, a proxección contará con protocolo COVID, polo que as entradas serán limitadas ata completar o aforamento.

A reserva de entradas farase no teléfono 986663069, facilitando nome, apelidos e teléfono, así como o número de nenas e nenos que van ao seu cargo. Pódense reservar entradas individuais ou para grupos.

En caso de quedar entradas libres poranse a disposición na billeteira antes da película.