O Club de Judo Baixo Miño está de parabéns. Tres das súas integrantes participantes no campionato galego junior veñen de conseguir importantes logros. Verónica Pérez Pacheco fíxose co ouro (57 kg), Noa González da Costa Evangelista acadou o bronce (70 kg) e Carla Lomba Quintas un quinto posto. Saray Vicente, Pablo Cadilla, Martín Souto e Víctor Adrover non chegaron ao podio pero dende o club resaltan o seu bo traballo, tendo en conta sobre todo a situación na que se atopaban, “tantos meses sen competicións e adestrando con moitas restricións”.

Os judokas do Baixo Miño volven á competición