medio ambiente
Gondomar lanza un SOS a coidar o planeta
O Concello organiza un obradoiro de concienciación ambiental nos colexios
l. c.
No seu labor de informar e concienciar sobre temáticas de diversa índole, a Concellería de Xuventude de Gondomar apostou por levar a cabo nos centros educativos de primaria unhas actividades de concienciación medioambiental baixo o título “SOS A Terra” e co lema “Coidar o noso único fogar, o noso planeta!”
“A TERRA necesita coidados, é a nosa única casa”, esa é a premisa desta iniciativa. Mediante xogos e experimentos de xeito lúdico e creativo os escolares coñeceron ao longo desta semana os síntomas que padece o planeta, como lle afectan os cambios , distintos tipos de contaminación e medidas que podemos adoptar para o coidado do noso planeta.
Foron máis de 100 estudantes de quinto de Educación Primaria do municipio os que participaron desta iniciativa de concienciación ambiental no mes de maio. Así, o obradoiro celebrouse esta semana nos colexios CEP Xosé Neira Vilas, o mércores, e no CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, o xoves. Xa no mes de abril, tamén se levou a cabo no CEIP Plurilingüe Souto Donas.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda