Conscientes do transcendental que é sensibilizar á sociedade sobre a importancia da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, dende a Concellería de Igualdade de Gondomar, a través do Centro de Información á Muller, púxose en marcha unha acción dirixida aos máis novos. Unha vez máis, apostouse polas novas xeracións programando dous obradoiros que se ofreceron en diferentes centros educativos do municipio.

Neste caso, as actividades foron dirixidas ao alumando de sexto curso de Educación Primaria. Un dos talleres estaba centrado na educación afectivo-sexual e outro na detección dos micromachismos.

Comezaron a impartirse na segunda quincena do mes de abril no CEP Neira Vilas e no CEIP Souto Donas e remataron a comezos de maio no CEIP Chano Piñeiro.

Dende o goberno local sinalan que a súa acollida foi moi positiva, tanto entre o profesorado como no alumnado.