A Aula CeMIT da Guarda reinicia a súa actividade realizando cursos de alfabetización dixital, como a iniciación á informática, á mecanografía, ao procesador de textos e ao correo electrónico, ademais doutras formacións máis específicas, como o curso básico de xestión de redes sociais para negocios, dirixido a persoas emprendedoras ou que queiran iniciar un negocio, impulsando así a dixitalización das empresas locais.

Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na propia aula, no primeiro andar do centro cultural, chamando ao teléfono 986 61 18 50 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.aguarda@xunta.gal.

Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo e a demanda, poderán realizarse varias quendas.