O Centro Juan María continuará coa terapia canina
EDUCACIÓN | 35 alumnos participan neste programa complementario un día á semana
l.c.
O Concello de Nigrán financiará a terapia canina do Centro de Educación Especial Juan María durante todo o vindeiro curso escolar. Confirmouno o alcalde Juan González nunha visita para coñecer de preto esta metodoloxía con beneficios científicos contrastados. Deste xeito, o alumnado continuará recibindo estas sesións que estrearon este ano coa empresa especializada Yaracan tras autofinanciarse coa venda de almanaques solidarios.
Así, igual que neste curso, no próximo ,a totalidade dos 35 alumnos seguirán a participar neste programa complementario de educación asistida un día á semana en horario lectivo e en sesións individuais ou en aula atendendo ás necesidades concretas de apoio educativo. A terapia desenvolverase con catro cans e os seus respectivos técnicos especialistas.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- A singularidade da Semana Santa tudense
- A represión franquista, a estudo nas «Xornadas da Memoria»
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas