A Concellaría de Cultura de Redondela vén de reactivar a axenda de actividades para que toda a veciñanza poida saber en cada momento a través do seu móbil, tableta ou ordenador, que actos culturais se ofertan no municipio.

A axenda é accesible a través do portal web do Concello (redondela.gal) e pódese consultar premendo na propia icona da portada da páxina ou tamén escaneando algúns dos códigos QR que están repartidos polo municipio en edificios públicos, locais de hostalaría e comercios.

Xa se celebrou algunha representación teatral e cursos en liña. A programación para o que resta de mes componse de exposicións estando abertas ao público tres, a de Alba Casanova na Praia da Punta; a do concurso obradoiro Fernando Monroy, no multiusos e Conquistadora na Alameda.