Data de mediados dos anos 30 e volveu a aparecer coa nova normalidade no 2020 en moitos concellos galegos que programaron actividades culturais de cara á época estival e das que xa demos conta neste Bisbarras. Falamos do autocine que fai uns días aterrou tamén en Salceda. Foi con motivo do 8M que se proxectou, no campo de fútbol Os Agoeiros, o filme “María Solinha”, que tivo unha gran acollida.