O Concello de Cerdedo-Cotobade lanzou unha campaña para promocionar os mellores lugares do municipio nas redes sociais presumindo así de monumento, lugar ou paraxe. Así convida aos seus veciños a “facer un exercicio de promoción turística” da localidade publicando fotos no Facebook ou Instagram de cadaquén deses sitios, obras ou construcións que a un máis lle gusten e dos que un queira presumir.