O Concello de Salvaterra de Miño dá, desde este mes, acceso a todos os seus veciños e veciñas a “Gimnasio TV”, unha novidosa plataforma de fitness dixital, de xeito gratuito.

Impulsada por unha empresa de xestión deportiva, Sportmadness, ofrece clases de ioga, baile activo, pilates, ximnasia de mantemento e baile con monitores especializados, que estarán dispoñibles 24 horas e en calquera dispositivo con conexión a internet.

“É unha iniciativa que permitirá loitar fronte os estragos físicos e psicolóxicos derivados da pandemia, dun xeito seguro e guiado, xa que se pode facer dende a casa” explica o concelleiro de Deportes de Salvaterra, Edgar Martínez.

Esta ferramenta chega coa pandemia, que obrigou a establecer limitacións na práctica deportiva. Salvaterra aposta por esta solución dixital para que a veciñanza poida complemetar as súas actividades presenciais.