Nigrán
Proxéctase a creación dun bosque escola no Carlos Casares
l.c.
O Concello de Nigrán consignará 7.000 euros do orzamento municipal 2021 á redacción dun proxecto paisaxístico para crear un ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a parcela municipal ao seu carón coñecida como Souto Casares.
O deseño correrá a cargo do programa Mestra de Obra que o colectivo galego Sistema Lupo ven realizando en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe.
Sería este un dos primeiros centros de Galicia en poder mesturar nas súas propias instalacións a ensinanza convencional impartida nas aulas cos métodos educativos alternativos que formulan as ‘escolas-bosque’.
Actualmente o patio norte do colexio non ten un uso definido e linda con esta parcela municipal de monte tamén sen uso, da que está separada fisicamente mediante muro e aramado.
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores