O Pazo de Mos acolle a exposición fotográfica ‘Namórate de ti’ baseada no curso de autoestima e empoderamento a través da fotografía impartido a 12 mulleres grazas á colaboración entre EURURAL da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño GDR 14, a Xunta de Galicia, o Concello de Mos, o CIM de Mos e a Fundación Pazo de Mos.

O proxecto, levado a cabo polas mestras Tegra Gómez e Patricia Maquieira, constou de sesións grupais nas que as participantes compartiron unhas vivencias enriquecedoras a través da cohesión grupal e a autoobservación

Sobre todo o proceso que implica a realización desta acción formativa estase a rodar unha curta documental, que se comezou a rodar ao comezo do curso e aborda todo o procedemento de como lles cambia a perspectiva ás mulleres participantes tras realizar esta formación. A estrea do documental está prevista o vindeiro 25 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.