O Concello da Cañiza xestionará este verán o camping municipal, reaberto este 1 de xullo, de forma directa cos seus propios traballadores.

Todas as zonas do camping, sobre todo as de contacto máis frecuente polos usuarios (zona de aseos e duchas, lavalouzas, enseres, cafetería), desinfectaranse varias veces durante a xornada polos servizos de limpeza municipal.

O Camping "Carballo do Marco" atópase rodeado de vexetación autóctona característica de esta zona de media montaña onde se desenvolverán os campamentos municipais de verán durante todo o mes con nenos e nenas de ata os 12 anos. Con gran arbolado e chan de herba, acolle nas súas inmediacións tamén as pistas de tenis e a piscina recreativa ao aire libre. Ademáis está a menos dun kilómetro do núcleo urbano.

A instalación é accesible a coches, autobuses, caravanas, motos, ten auga quente nas duchas e toma de corrente eléctrica en todas as parcelas, subministro de auga para caravanas e amplas zonas verdes e xardíns de recreo, bar cafetería, lavandería e zona de acampada libre.

Os prezos son os mesmos de anos anteriores. Máis información : 986 652 126 ou 986 651 000.