De xeito complementario ás máscaras ffp2, que serán enviadas por correo a domicilio en canto se recepcionen, o Concello de Mos entrega á súa poboación infantil pantallas protectoras de diferentes cores (branco, azul, verde, amarelo e vermello) deseñadas para frear o avance do Covid-19.

O reparto fíxose no Multiusos das Pozas onte e antonte por rigoroso Padrón os pais ou titores dos nenos de entre 3 e 14 anos.

O Concello fai entrega, totalmente de balde, de preto de 2.000 unidades, cubrindo así toda a poboación mosense desa franxa de idade. Trátase de material de protección facial fabricado pola empresa, tamén asentada en Mos, Pirelo, que doa ao Concello 600 unidades

As pantallas infantís están fabricadas en PVC e serigrafiadas co escudo do Concello de Mos. Son pantallas antisalpicaduras e a súa principal función é a redución do risco de propagación de infeccións, como é o caso do coronavirus. O seu sinxelo deseño facilita o sistema de colocación, ofrece seguridade e comodidade durante todo o día e é de fácil limpeza e desinfección. Ademais, segundo indican fonte municipais, é a mellor forma de evitar que os pequenos toquen a cara coas mans.

Quen non puidera ir recollela ningún destes dous días ten aínda a posibilidade de facelo a partir do luns 25, en horario de mañá (de 10.00 a 13.00 horas), igualmente no Multiusos das Pozas. É imprescindible presentar o DNI e Libro de Familia.

Aberto xa o punto limpo

O punto limpo de Mos, no polígono da Veigadaña, reabriu o público esta pasado martes. O horario de funcionamento é os martes e xoves de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas