As exposicións tamén acaparan boa parte da programación da Festa da Arribada. Nesta XXV edición hai dúas mostras temáticas que acapararán a maior parte da atención. Unha é a titulada "Explorando as costumes da Hispania Medieval", a cargo de José Valtierra, que poderá visitarse na Casa do Concello; e outra é a que leva por nome "Sardiñas potas, pantrigo e sal, mercadoría real: A vida dos mercados", emprazada na Capitanía Marítima, do historiador Anxo Lemos. Ambas inauguraranse ó 28 de febreiro, xornada na que arranca a festa.

Outras mostras son as realizadas polo grupo de mulleres da calceta de Baiona e o grupo de mulleres palilleiras de Baiona. Ambos grupos exporán, respectivamente, "As labores da Calceta" e "O encaixes de Bolillos" no Viveiro de Empresas ubicado na rúa do Reloxo.

Por outro lado, o Liceo Marítimo acolle una exposición de traxes medievais e cartelería sobre os vinte cinco anos da festa; mentres que no Paseo Ribeira haberá varias paradas adicadas "Ñoclos de Pinzón", as "Tortas de Sarmiento" e o "Pan dos Clérigos". Tamén haberá obraodiros para coñecer como cociñan este pan dos Clérigos fai 527 anos.

Para rematar, a Arribada tamén é unha boa oportunidade para visitar a colección da Cada da Navegación, o museo réplica da carabela Pinta.