A Illa amosa unha parte do seu pasado
Alumnos do IES visitan o Centro de Usos Náuticos para coñecer a navegación tradicional

Monitores de Dorna amosando aos rapacesa cultura mariñeira tradicional que posee A Illa. / Noé Parga
A. G.
A Illa ten un importante pasado mariñeiro, cando todos os seus habitantes sabían navegar nunha dorna ou nun galeón e eran capaces de identificar calquera palabra relacionada coas partes dunha destas embarcaciones tradicionais. Desgraciadamente, a modernización da frota e a paulatina desaparición das embarcacións tradicionais, preservadas grazas ao esforzo voluntario das persoas que integran a Escola de Navegación Tradicional, provocaron que os máis novos teñen un contacto mínimo, por non dicir ningún, con elas.
É por iso, que a través do departamento de Lingua Galega do IES, os rapaces de 3º da ESO visitaron onte o Centro de Usos Náuticos para aprender como se aparella unha vela, como se nomean as partes dunha dorna e como se fan os nós mariñeiros máis básicos. Para iso contaron con tres voluntarios da Escola de Navegación Tradicional, integrada na asociación cultural Dorna, que se repartiron aos 40 alumnos participantes nesta iniciativa. Tamén puideron ver unha das actividades que máis se desenvolve no Centro de Usos Náuticos, o de reparar todas as dornas da ENT despois do verán. Lixar, pulir ou sacar unha caderna apodrecida ou danada son algunhas das actividades que alí se fan e ás que puideron achegarse os rapaces.
Todo o que viron nesa xornada transformarase no futuro en traballos vencellados ás costumes e tradicións mariñeiras da Illa que se traballaran na clase, permitíndolle aos rapaces descubrir parte dun mundo que viviron seus pais, pero sobre todo, os seus avós. Tamén se lles concienciará da importancia de preservar a cultura, e incluso, se lles ofreceu a posibilidade a todos eles de regresar no verán para aprender a navegar como o facían os seus avós. Na actividade tamén colaborou o Concello a través das concellerías de Mar e Educación coa intención de dar visibilidade a unha forma de navegar que estivo moi preto de desaparecer coa chegada do poliéster e os motores fora borda, pero que se evitou grazas ao esforzo de moita xente que entendía que debía preservarse, pese a que non sempre se atopou o respaldo necesario das administracións. Neses rapaces é moi probable que se atope a continuidade no coidado e supervivencia das dornas e da navegación tradicional.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove
- Un helicóptero aterriza en el paseo marítimo de Vilagarcía para atender un infarto
- Alertan de la presencia de ratas en el centro de Vilagarcía de Arousa
- Vilagarcía habilita un nuevo aparcamiento público gratuito con 90 plazas en A Escardia
- Basura de «merendolas» y hasta una impresora salen del parque de A Coca de Vilagarcía
- La vendimia alcanza su último fin de semana con 45 millones de kilos en bodega
- «O teu nome é bandeira», a lembranza que Silvio Rodríguez e Uxía adican a Begoña Caamaño desde A Illa
- Las quejas asedian la colonia felina del cementerio de Cambados