As mellores foliadas chegan a Dena no “XX Encontro de Baile e Música Tradicional”

Participaron grupos de todos os concellos da provincia EXotas e muiñeiras animaron a festa

Un dos grupos participantes no encontro coa música galega.   | // FDV

Un dos grupos participantes no encontro coa música galega. | // FDV / T.H.

T.H.

A música reivindicase en Dena con su “XX Encontro de Baile e Música Tradicional Galega”, organizado desde fai dúas décadas pola asociación cultural Penaguda que, desde a súa creación, centra a súa actividade neste ámbito.

Celebrábase a pasada noite na pista polideportiva ao aire libre -outrora pavillón de deportes-, inmediato á coñecida como “alameda dos colexios” na parroquia de Coirón. Unhas 150 personas poboaron a grada para asistir á actuación dos tres grupos participantes. Sobre a cancha de formigón, a quenda de arranque foi para a anfitriona “Penaguda” de Dena que, cos seus gaiteiros y danzaríns, interpretaban a “Muiñeira de Sabaxáns”, “Muiñeira de Cascás”, a “Xota cruzada de Pazos de Borbén”, a “Cantata de Rodeiro” e a “Xota de Santa Comba”. Unha cantata, a de Rodeiro, onde o xoven e novo grupo de pandeireteiras de Penaguda actuaba por primeira vez en público. E canto aos músicos de Penaguda, este viña integrado por un quinteto, con tres gaitas, bombo e tamboril, onde mesmo asomaba para algunha desas pezas o saxo soprano de mans de Antonio Prieto, presidente, gaiteiro e integrante tamén da orquestra folk viguesa “SonDeSeu”.

Logo, foi a quenda das formacións “Os Gatiños” de Portonovo e a asociación cultural “Cantodorxo”, de O Grove, esta última a máis numerosa e que exhibiu unha nutrida canteira. Para rematar, de novo unha última peza de Penaguda, onde o grupo de danzaríns maiores, fixeron partícipe ao público sacando cada quen unha persoa da grada para bailar. En total, o encontro congregou así a uns 75 músicos e bailaríns de música tradicional.

Logo, metidos xa de cheo na noite, empezaba a “I Foliada da Penaguda”, unha iniciativa que ofreceu algunhas das mellores estampas do evento, se ben a maioría do público perdeuno ao entender que o mellor do encontro estaba rematado. Así, entraron 16 gaiteiros e 6 percusionistas aficionados de todas as idades na cancha, na súa maioría procedentes do Morrazo, unidos en torno ao Proxecto Balea, unha iniciativa de mestre Roberto Sotelo, profesor de gaita en Penaguda e diversas escolas do Morrazo. Baixo a súa dirección, e apoiado en dúas paquetas percusionadas, fixeron sonar os seus instrumentos inundando con seus sons.

Suscríbete para seguir leyendo