A Illa retoma con Portos o proxecto dunha Mariña para a flota tradicional de Dorna

Membros da Escola de Navegación Tradicional mantiveron un encontro con responsables do ente para dar os primeiros pasos | O principal problema estaría nas taxas portuarias

Proa do “Rei do Mar” regresando á auga despois de tarefas de mantemento.

Proa do “Rei do Mar” regresando á auga despois de tarefas de mantemento. / Iñaki Abella

A. G.

A Escola de Navegación Tradicional de Dorna, pese aos cambios na súa dirección, segue con rumbo fixo buscando rematar cunha das grandes eivas que ten que soportar, a falta dun punto de amarre para todas as embarcacións que posúe e para as de outras asociacións que hai na Illa. Iso foi o que varios membros desa directiva lle transmitiron a responsables de Portos de Galicia nunha reunión esta mesma semana, unha reunión na que volveu estar sobre a mesa a Mariña Tradicional, un lugar que convirta o porto da Illa nun museo flotante da navegación tradicional.

A intención é que esta Mariña se ubique no paseo do Cantiño, no lugar onde estiveron as embarcacións da terceira lista, pero inda queda moito camiño por andar, un camiño no que agardan reunirse coa presidenta de Portos, Susana Lenguas, para explicarlle o proxecto e ver como se podería acometer en base aos orzamentos dos que dispoña o ente.

No entanto, mentres agardan que saia adiante ese traballo, a Escola prantexa usar o peirao do Cabodeiro para amarrar e protexer os barcos. Para iso argumentan que ese peirao está practicamente en desuso e ningunha das utilidades que se lle tentou dar (lanchas de pasaxeiros, escalas para o Camiño de Santiago, ...) saiu adiante.

Esta posibilidade tamén ten un inconvinte moi importante para o colectivo e é o pago de taxas por usos portuarios. Héctor Suárez, director da ENT, recoñece que ao ser embarcacións tradicionais “imos ter unha bonificacón, pero temos que ver se podemos facer fronter a ese custo”. A ENT leva moitos anos reclamándolle ás administración que exima ás asociacións que defenden o patrimonio marítimo das taxas, e máis, como vai ser o caso, se lle “imos dar vida a unha infraestrutura totalmente esquecida e que se atopa sen utilizar”. Os colectivos xa fan fronte a uns gastos moi importantes “por manter vivo o legado cultural e marítimo dos nosos antergos, polo que non ten sentido que se nos apliquen ese tipo de taxas, algo que xa ocorre en outros puntos da península, donde os barcos tradicionais e clásicos están exentos”.

Un exemplo do que invisten en protexer o legado marítimo é o “Rei do Mar”, o galeón emblema da Escola, cuxas tarefas de mantemento atópanse entre os 12 e os 13.000 euros cada dous anos, aos que hai que sumar as horas de traballo que fan de maneira altruista todos os integrantes da ENT non só nesta embarcación, se non no medio cento que posúen.

[object Object]

A Escola de Navagación Tradicional, xunto con outras asociacións, leva anos tratando de evitar que a cultura marítima acabe desaparecendo baixo a motoserra ou abandonada nunha praia. Suárez anima a todas aquelas persoas que aínda posúen unha dorna e que poidan estar pensando en desfacerse dela que “non o fagan, que se poñan en contacto con nós, que lle daremos uso, non queremos ver a imaxe das dornas ou de calquera outra embarcación tradicional, apodrecendo nunha praia”. Nestes momentos, a ENYT conta con preto de medio cento de embarcacións, algunah delas, verdadeiras xoias da navegación tradicional, como “A nova Mariña”, a “Peza de Rabo” ou o propio galeón “Rei do Mar”.

Suscríbete para seguir leyendo