Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha "vela cangrexo" convirte o Rei do Mar en barco-escola

O 'Rei'' do mar' navega coa súa nova "vela cangrexo"

O 'Rei'' do mar' navega coa súa nova "vela cangrexo" Iñaki Abella

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

O 'Rei'' do mar' navega coa súa nova "vela cangrexo" Redacción

Chega o bo tempo e as embarcacións tradicionais de Arousa volven ás augas para deleite de todos coma pezas de museo que son.

Un ano máis, o galeón da ría “Rei do Mar”, da Escola de Navegación Tradicional Dorna de A Illa de Arousa, está xa preparado para a nova tempada, aseguran os seus donos.

Os promotores sinalan que desta volta “a reforma e a posta a punto máis importante foi a reparación dos seus panos principais, que pasa de ter unha vela maior de relinga a unha vela maior "cangrexa”. Expoñen que dita transformación facilitará a maniobrabilidade do “Rei do Mar” e “polo tanto o seu funcionamento como barco escola”.

Nova vela maior de cangrexo feita nun taller de Vilagarcía. | // FDV

Os traballos foron feitos polo Taller de Velería de Vilagarcía de Arousa, coa financiación da Deputación de Pontevedra a través da súa liña de subvencións para o mantemento da frota de embarcacións tradicionais.

Por elo, Dorna agradece a continuidade destas liñas de financiamento “para garantir a salvagarda das embarcacións tradicionais, así como o apoio que cada ano nos proporciona o Concello de A Illa de Arousa”.

Estamos moi ilusionados con poder sumar millas aos nosos barcos e incrementar adeptos e defensores da salvagarda do patrimonio que supoñen as embarcacións tradicionais”.

Asociación Dorna

decoration

Ainda que as restriccións do COVID seguen a facer mella nestas actividades, Dorna suliña que están “moi ilusionados con poder sumar millas aos nosos barcos e incrementar adeptos e defensores da salvagarda do patrimonio que supoñen as embarcacións tradicionais”.

De ahí que confíen en “poñer proa ao verán no Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia que organiza a asociación Culturmar e que este ano terá a sua sede en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto se as condicións sanitarias o permiten, expoñen os membros deste colectivo.

Compartir el artículo

stats