O Concello do Grove anuncia que a partires do día 19 vai ofrecer novos cursos de lingua galega que servirán para preparar as probas do Certificado de Lingua Galega (Celga).

Son cursos gratuitos dirixidos a persoas maiores de 16 anos que vai impartir o Servizo de Normalización Lingüística municipal cun total de 70 horas lectivas, distribuidas en clases dunha hora e media de duración, dous días á semana.

Din no goberno que están deseñadas desde unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que "poden acudir tanto persoas galegas como de fóra que queiran obter unha formación coa que obter os Celga, aínda que tamén son válidos para adquirir, aumentar ou mellorar os coñecementos sobre o idioma do país".