Especial 170 aniversario
Memoria sentimental

freixanes
Víctor F. Freixanes | Presidente da Real Academia Galega
O meu avó Valeriano ensinoume a ler na cabeceira de FARO DE VIGO, no inconfundible deseño das letras capitais que adornaban a primeira plana. O avó ía sinalando co dedo cada letra e os netos cantabamos o nome. Son os primeiros recordos que teño. Os primeiros amores, que non se esquecen nunca: no cuarto de costura da miña nai, sentado no colo do avó, coa música de fondo da máquina de coser Refrey, que tamén era de Vigo, e as letras grandes do periódico.
Cando eu era neno, na Pontevedra dos anos 50, todos os periódicos se chamaban “faros”. “Vai mercar o faro, rapaz”. O faro de Santiago era La noche. O faro de Madrid, que se recibía na barbería do meu tío Xerardo, era o ABC. A palabra periódico, ou xornal, chegou moito máis tarde.
Podemos dicir que a aparición da prensa en Galicia é a primeira manifestación da modernidade social entre nós
Podemos dicir que a aparición da prensa en Galicia é a primeira manifestación da modernidade social entre nós. Cultura urbana. Alfabetización. Reivindicación do progreso e do libre comercio. A burguesía empezaba a instalarse nas rías. A reivindicación do ferrocarril. A industria do mar. Liberdade de información e opinión fronte os modelos do Antigo Réxime... O historiador Enrique Santos Gayoso contabiliza arredor de quince cabeceiras con este nome: Faro, Farol… A primeira de todas FARO DE VIGO, en 1853. Van 170 anos dende entón. Un acontecemento a celebrar. A idea nace coa cultura das luces. Hai cabeceiras co nome de Antorcha, Astro, Luz, Estandarte, Altamira, Avisador, Guía, Guión, Corneta, Centinela, Linterna… , segundo os lugares e as distintas épocas. Voces, Ecos, Diarios, Correos, Gazetas, Heraldos, Miradores, Progresos… Tamén Loitas, Revolucións, Terra, Patria, Pensamento, Redencións, Repúblicas, Solidaridades, Rexurdimentos… A significación dos nomes das nosas cabeceiras xornalísticas, dende a primeira de todas, o Diario de la Coruña de 1808, é un estudo que está por facer.
A idea de Faro (Farol, Antorcha, Guieiro) xorde da vocación orientadora daquelas primeiras empresas, que nacen coma fachos de referencia para o avance social, a civilización e o progreso. No primeiro parágrafo do editorial do primeiro número de FARO DE VIGO (3 de novembro de 1853) podemos ler: “Al presentarnos en el estadio de la imprenta, no son otras nuestras aspiraciones que las de coadyuvar, en cuanto lo permitan nuestras débiles fuerzas, al fomento de los intereses de Galicia, que deplorables circunstancias por una parte, y preocupaciones funestas por otra, contribuyeron a que esta vasta provincia continúe sin participar de los beneficios que otras disfrutan ya”. Vigo tiña daquela 5.000 habitantes.
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería
- La secuela más desconocida del fentanilo llega a los hospitales vigueses
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un equipo médico para un corazón de 100 toneladas: en las tripas de un titán del mar
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Xonxa Otero y Paula Rivas: «Estamos moi felices por ser as primeiras mulleres en poder bailar a danza de San Roque»
- Ni una alerta roja por calor frena la devoción a San Roque: más de 16.000 personas disfrutan de la fiesta patronal