O Teatro Gorrilla Festival volve á Churruca en Vigo esta fin de semana
Haberá danza, teatro, drag kings e improvisación este sábado 30 de 18.00 a 22.00 horas
A arte escénica volve esta fin de semana a Churruca en Vigo co Teatro Gorrilla Edición Festival. As artistas Mónica Sueiro, Leonardo Fiebre, Elsa Pereira e Meriwlson máis Nico Elsker ofrecerán a súas micropezas.
A primeira agarda no Candela ás 18.00 horas; a segunda ás sete da tarde no Tinta Negra; a terceira ás oito na Casa de Arriba; a cuarta, ás nove, na Kominsky e a última ás dez, no Burbia.
A entrada no festival é inversa. É dicir, ao saír de cada obra o público asistente aporta o diñeiro que estime convinte para pagar o traballo das artistas e maila organización. A recomendación é abonar como mínimo catro euros por peza. Se se acode a todas as representacións, serían 20 euros.
Unha das participantes é Mónica Sueiro quen destaca que o cartel inclúe “artistas e disciplinas moi diversas”.
Sueiro inaugurara o Gorrilla Festival na súa primeira edición coa obra cómica “15 minutos”. Desta volta, presenta “Subterránea”, que fala das mulleres pintoras ao longo da historia.
“É unha reivindicación dos eu traballo. Comezo por Ende, a primera muller da que se ten referencia como pintora no século X, considerada a patroa dos ilustradores. Ela era unha monxa do norte de España que traballou en códices. De feito, asina un deles como ‘pintora de Deus’. É curioso porque ás mulleres non se lles deixaba pintar daquela”, explica Mónica Sueiro que tamén inclúe na peza a Maruja Mallo, Julia Minguillón ou Hilma af Klint.
- El cambio climático trae un tipo inédito de raya a Galicia
- Estos son los minutos que hay que caminar al día para conseguir adelgazar: muchos menos de los que te imaginas
- Preocupación por cómo ha aparecido Susanna Griso en 'Espejo Público': "Atentando contra los espectadores
- El sorprendente cambio físico de Ivonne Reyes tras su derrota judicial contra Pepe Navarro
- Marta Riesco anuncia que va a ser madre: "Un maravilloso viaje
- Muere Itxaso Mardones, reportera de Gloria Serra en 'Equipo de investigación', a los 45 años
- Aena se pronuncia tras el altercado de Piqué y Clara Chía en el aeropuerto de Madrid
- Tres detenidos por el robo de 300.000 euros en un banco de la Gran Vía de Vigo