Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Por unha formación integral

Educación para un mundo novo

Por unha formación integral

O mundo da educación ten en María Montessori un referente valiosísimo. As súas teorías, postulados e experiencias formulados hai máis dun século seguen sendo tidas en conta na actualidade e son quen de orientar o traballo de mestres e pais, sobre todo, nos primeiros anos de vida do neno, para a pegadoga, os máis importantes no proceso de aprendizaxe.

Consciente da importancia da educación para un mundo novo, Kalandraka Editora publica na colección Biblioteca De Pedagoxía o texto da educadora italiana, traducido para a nosa lingua por Carlos Acevedo e acompañado dun epílogo do profesor de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Lois Ferradás Blanco, que en pouco máis de dez páxinas, fai un resumo sumarísimo do cerne da filosofía montessoriana, a súa biografía e as implicacións na educación, os principios básicos e a vixencia da súa pedagoxía, a súa presenza no mundo e a defensa da educación para a construción dun mundo novo.

O libro escrito despois da Segunda Guerra mundial amosa como a educación pode chegar a converterse nunha das claves para a construción da paz nun mundo abatido polo odio e a miseria.

Pois ben, baixo a óptica da Ciencia, da Medicina, da Bioloxía, da Antropoloxía e da Psicoloxía, María Montessori fai unha análise de diversos aspectos que afectan ao ser humano dende o seu nacemento, porque van ser decisivos no proceso de aprendizaxe, por iso, convén ter en conta algunhas cuestións que afectan ao movemento e á lingua. Que a intelixencia se desenvolve co movemento, que é bo deixar que o neno faga as cousas por el mesmo -que camiñe, que investigue, que caia e se volva erguer- e que o desenvolvemento do neno ten as súas leis e se queremos axudalo a medrar, debemos seguilo en vez de inpoñérmonos a el son algúns dos trazos que defende a autora mediante unha exposición clara e directa na que introduce datos científicos e experiencias reais.

Dende a referencia á embrioloxía ata a disciplina analiza o misterio da linguaxe e o papel do movemento na educación como factores básicos que han de ser tidos en conta no proceso de aprendizaxe co fin de acadar unha formación integral dos nenos e das nenas que serán os homes e mulleres do futuro, xa que neles deposita a confianza dun mundo mellor.

MONTESSORI, María, Educación para un mundo novo (trd. Carlos Acevedo), Ed. Kalandraka, Pontevedra, 2016, PVP. 14 ?

Compartir el artículo

stats