Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Robótica no FP D. Castelao

O centro formativo vigués acolleu a quince alumnos e oito profesores de seis países europeos que participan no proxecto RACE21

Visita a GKN Driveline.

O Centro de Formación profesional Daniel Castelao de Vigo acolleu a quince alumnos e a oito profesores de outros seis centros europeos dentro do proxecto RACE21 adicado á robótica.

Durante a pasada semana, unha mobilidade combinada de estudantes e profesores dentro do proxecto RACE21 (Robotics, Automation Careers in Engineering for 21st Century) viviu outro episodio máis. Esta é unha asociación estratéxica (financiada pola Unión Europea dentro do programa Erasmus+) de seis centros de FP (Reino Unido, España, Portugal, Italia, Finlandia e Rumanía, xunto cunha organización avaliadora na República Checa) que participa nun proxecto de aprendizaxe basado en problemas e casos de estudos no campo da robótica e a automatización.

A axenda que elaborou o Centro de Formación Profesional "Daniel Castelao" como centro de acollida nesta ocasión, estivo repleta de actividades.

Nos seus países de orixe antes da visita, os diferentes socios debían identificar e estudar as necesidades das empresas do entorno que tiveran a intención de implementar solucións de automatización robótica para mellorar as liñas de producción.

Durante as sesións de presentación dos casos de estudo que tiveron lugar nestes días, o alumnado debía presentar un estudo con boas prácticas que permitiran aumentar a innovación, a creatividade e as habilidades empresariais, ademais de poñer en conxunto as conclusións ás que chegaran.

Ao mesmo tempo, realizáronse talleres de formación, levados a cabo a través do clube de robótica do Daniel Castelao (Vigo), que tiñan como propósito desenvolver as competencias dos estudantes de FP e trasladar a dualidade de "como construir un robot" a "como integrar un robot".

Tamén se organizaron visitas técnicas ás empresas GKN Driveline e Simaupro, para que o alumnado puidera involucrarse cos traballadores das empresas do entorno nun ambiente de aprendizaxe real.

Nesta apretada axenda tamén houbo tempo para as saídas culturais e deportivas, xa que tanto o alumnado como o profesorado puido disfrutar dun estupendo tour pola cidade en bus turístico, visitar Meirande, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, descubrir a historia e os segredos agochados na Illa de San Simón e mesmo practicar kayak na ensenada de San Adrián de Cobres.

RACE 21, enmarcado no programa europeo Erasmus +, comezou a súa andaina o 1 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2019 dará por finalizado o proxecto, polo que o camino aínda é longo pero a colaboración e a aprendizaxe compartida constitúen unha oportunidade única para os estudantes de FP, xa que permiten establecer unha relación máis estreita entre o mundo académico e o mundo empresarial.

Ao mesmo tempo, a participación nestas mobilidades combinadas posibilita tanto ao personal docente de FP como aos estudantes a participar en eventos de formación a curto e longo plazo, durante os 3 anos que durará o proxecto. A viaxe non fixo máis que comezar.

Compartir el artículo

stats