Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os indios invaden o Quiñones

O colexio da Travesía de Vigo festexa o Día da Paz

Os totems elaborados polos alumnos do colexio Quiñones de León.

O colexio Quiñones de León celebrou o "Día escolar da Paz e da Non Violencia".Este ano, ademais de inculcar a cooperación e solidariedade en todas as actividades propostas, quixeron achegarnos á cultura dos indios do Norte de América. Estas tribus tallaban madeira de cedro ou pedra para facer unhas esculturas moi altas e cheas de cor. Estas esculturas identificaban á tribu e, ademais, estos pobos atribuíanlle poderes espirituais. Pois así fixeron. Construiron durante a semana previa e por etapas, tótems con caixas de cartón e decorados con motivos relacionados coa Paz.O mesmo luns día 30, baixaron ao ximnasio e colocaron os tótems no centro, e os alumnos ao redor. Os nenos da ESO, leron un manifesto pola Paz, e remataron o acto cantando todos xuntos a canción "Somos o Mundo" version española da famosa "We are the world".

Compartir el artículo

stats