Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O CEIP Chans-Bembrive resalta a Rosalía

Festival en Chans-Bembrive.

O colexio público de Chans-Bembrive, con motivo do día de Rosalía de Castro, realizou un acto homenaxeando a una das mulleres máis importantes da nosa literatura. A pretensión foi achegar a figura de Rosalía ao alumnado como unha personaxe que "anima a expresarnos e a querer a nosa lingua e a nosa Terra". O acto consistiu en unha biografía teatralizada por varias alumnas da escola, un recitado de varios fragmentos dos seus poemas e a interpretación do poema musicalizado polo alumnado de 5º "Cantarte hei Galicia" Posteriormente, realizaron nas aulas varias actividades para fomentar a lectura e a escritura en verso, así como para coñecer un pouco máis a autora.

Compartir el artículo

stats