O alumnado de 5º curso de Educación Primaria do Colexio público Pena de Francia do concello de Mos tivo o privilexio de recibir unha visita moi especial: a escritora viguesa Ledicia Costas. Veu a presentar a alumnos e profesores o seu libro "Escarlatina a cociñeira difunta", co que gañou premios tan prestixiosos como o Premio Nacional de Literatura, Premio Merlín das Letras, o premio Lazarillo
A escritora fixo honor ao seu nome facendo as ledicias dos nenos e nenas que tiveron a oportunidade de compartir con ela un momento especial e máxico falando de literatura e tamén degustando xuntos as receitas do libro elaboradas por eles mesmos.
O colexio agradeceu a Ledicia a paciencia e o interese que amosou na visita.