Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xurxo Jachía: Os saberes musicais de sempre compártense na rede

XurxoJachía.

"Ácido Folclórico" é o libro/CD que Xurxo García, máis coñecido como XurxoJachía, editou con Ton e Son e no que se inclúen vinte pezas para gaita galega compostas e gravadas polo propio gaiteiro de San Andrés de Comesaña e o seu grupo GaitaCia.

"A selección foi difícil porque teño máis dun centenar de temas. Pero prepareina rápido intentando elixir o que máis me define á hora de compoñer: levo toda a vida tocando en grupos tradicionais, polo que normalmente o que creo ten a base aí, na raíz", afirma o gaiteiro.

A publicación inclúe transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista e no CD pódese atopar, ademais, unha selección de doce temas gravados ao vivo por Rubén Troitiño dos vinte compostos polo 'gaiteiro youtuber', cuxa canle Xurxogaita recibe máis de dous millóns de visitas de todo o mundo. "O feito de gravar e subir pezas á rede non foi algo feito a propósito. Eu preparáballe aos meus alumnos distintas recompilacións e ocorréuseme, xa vai máis de dez anos, deixarlles as gravacións en youtube para que o viran", relata.

Tanto na súa faceta youtuber como a través do libro publicado por Ton e Son, XurxoJachía comparte os seus saberes dunha música tradicional que, considera, goza de boa saúde. "Outra cousa distinta é se se poden gañar cartos con ela. Pero que goza de saúde, eu coido que si. A música tradicional está nas rúas, tócana o avó, o pai e o neto, a familia toda".

Compartir el artículo

stats