Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

XurxoJachía: " Gaiteiro "Non inventei nada pero si hai un toque moi persoal"

Xurxo García, coñecido como XurxoJachía.

Deseñada por Alberto Costas, a cuberta deste novo traballo en formato libro e CD anima a escoitar, unha tras outra, cada unha das pezas que o compoñen. O seu autor confesa, a continuación, que chegar a este número non foi unha tarefa sinxela. Despois de todo, son xa 35 os anos que este gaiteiro galego leva ligado á música.

-Unha vida dedicada á gaita e 20 pezas neste novo traballo. Como foi o proceso de escolla?

Levo 35 anos tocando a gaita e efectivamente foi unha labor complexa. A primeira tandada que enviei era de 35 pezas e tiven que cribar moito para conseguir deixalas en vinte.

-Unha selección, polo tanto, laboriosa. Que ten esta escolma que non teñan outros traballos?

Teñen unha reminiscencia da música tradicional de toda a vida. A calquera gaiteiro poderá soarlle calquera das pezas porque non inventei nada, podería dicirse que é un "seudoplaxio" pero cun toque moi persoal.

-Tan persoal que a música forma parte inseparable da súa propia existencia...

Comecei nos anos 80 e a gaita permitiunos disfrutar moito, aprender e percorrer media Europa, algo que seguimos facendo para dar a coñecer o noso folclore.

Compartir el artículo

stats